div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Bases do concurso 'Miss vaca Galicia 2023'

Admin Admin 13/07/2023 10:05

DESCRICIÓN

A Corporación RTVG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela) e con C.I.F. A-15073349 , é a entidade responsable do concurso para televisión “MISS VACA GALICIA 2023” (en diante, o “Concurso”) que se emitirá no programa LUAR , nas cadeas de TELEVISION DE GALICIA (en diante, a “Cadea”) e nas súas canles interactivas.

NORMAS APLICABLES AO CONCURSO

O concurso réxese polas presentes regras particulares accesibles na dirección www.crtvg.gal . O mero feito da participación, por calquera dos medios contemplados nestas regras, implica a aceptación incondicional das mesmas.

A Cadea resérvase o dereito para expulsar do Concurso a calquera concursante que non cumpra coas bases legais en calquera momento do Concurso.

DINÁMICA DO CONCURSO

Durante os últimos meses no programa “Luar” fóronse seleccionando, a través de fotografías remitidas polos propietarios dos animais, as catro vacas máis fermosas, unha por cada provincia galega.

Todas estas vacas son de razas autóctonas galegas.

De entre as catro vacas seleccionadas, elixirase a “MISS VACA 2023”.

PARTICIPANTES

Participarán no concurso os propietarios das 4 vacas seleccionadas para competir, que poderán ser persoas físicas ou xurídicas.

No caso de persoas físicas deberán ser maiores de 18 anos ou maiores de 16 que se atopen emancipados, que residan legalmente dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que posúan DNI ou pasaporte vixente en caso de ser españois, ou NIE e permiso de residencia vixentes en caso de ser estranxeiros e que fosen seleccionadas nos diferentes castings que a “CRTVG” efectúe para ese efecto e á súa única discrecional idade e que actúe conforme ao procedemento aquí descrito.

Non poderán participar no “Concurso” os traballadores de CRTVG, das empresas que presten os seus servizos á CRTVG, nin os familiares dos devanditos traballadores ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade (incluídas as parellas de feito). Tampouco poderán participar aquelas persoas que manteñan relacións de amizade cos traballadores vinculados ao “Concurso” que teñan capacidade de decisión sobre o mesmo.

O incumprimento destas condicións dará lugar á eliminación automática do concursante e á obrigación de devolver o premio obtido no seu caso.

MECÁNICA DO CONCURSO

Ao comezo do programa “Luar” do día 7 de xullo de 2023, “LUAR MISS VACA GALICIA 2023” farase a presentación das catro vacas aspirantes a MISS VACA GALICIA 2023.

A cada vaca asignaráselle un número de teléfono e daranse as instrucións para poder participar a través Redes Sociais establecidas a tal efecto.

Os telespectadores do programa, e durante a duración do mesmo, poderán votar chamando ós números de teléfono indicados, así como as través das redes sociais anteriormente citadas.

O concursante que participe coa vaca que reciba maior número de apoios sumando o número de chamadas telefónicas e os votos de redes sociais será o gañador do premio e a vaca proclamada “MISS VACA GALICIA 2023”


 

CLAÚSULAS XERAIS

Regras de Conducta

Os concursantes non recibirán contraprestación algunha por esta participación, agás unha cantidade prefixada de 600€ brutos en concepto de gastos de transporte das vacas coas que participan, todo isto sen prexuízo do posible premio que puidese estar establecido nestas bases, e que obtería en caso de resultar gañador, segundo as normas establecidas para ese efecto.

CRTVG resérvase o dereito de descualificar a calquera concursante do programa no caso de que consideren que a súa actuación é nalgunha forma inadecuada ou contraria a calquera código de emisión, ético, de regulación ou a algunha lei aplicable.

O concursante non poderá, en ningún caso, promocionar ningún servizo ou produto, nin tampouco poderá utilizar unha linguaxe inapropiada, nin groserías, ou realizar declaracións inxuriosas, calumniosas ou dicir calquera cousa que puidese ofender ou ferir a unha persoa, empresa ou entidade. O concursante acepta que soamente el será responsable das consecuencias dos seus actos ou as súas palabras mentres participe no “Concurso”.

Premios

O premio consistirá nunha achega de 3000€ en metálico para o propietario de vaca gañadora.

Ao concursante que gañe o premio a “CRTVG” esixiralle como requisito previo ao seu pago:

O gañador, deberá achegar o seu NIF, teléfono de contacto e número de conta bancaria con código IBAN da que sexa titular onde desexe recibir o importe do premio. Tamén deberá acreditar ser o propietario da vaca gañadora.

Os premios entregaranse nun prazo máximo de sesenta días despois de ser facilitada a documentación a que se refire este apartado.

Se transcorridos cento oitenta días contados a partir do día seguinte á data do “Concurso”, o gañador non remitise a documentación esixida perderá o seu dereito a percibir o premio.

Os premios abonaranse por calquera dos sistemas de pago admitidos en España, a completa discreción da “CRTVG”.

Conforme á normativa fiscal vixente, todos os premios están suxeitos a retención e ingreso a conta polo IRPF. Ditas retencións serán deducidas dos premios obtidos en metálico. Anualmente remitirase ao gañador un certificado de retencións e ingresos a conta cos datos do premio e da retención aplicada para que este poida incluílo na súa declaración anual de IRPF.

Cesión de dereitos

A participación no “Concurso” implica obrigatoriamente a aceptación desta cláusula.

O participante polo mero feito de participar no “Concurso” outorga mediante a aceptación destas bases o seu consentimento expreso para que a “CRTVG” poida indistintamente empregar a súa imaxe, nome e/ou voz en calquera medio e a través de calquera forma de comunicación, incluída a publicidade e/ou promoción do “Concurso” en todo tipo de actividades relacionadas co concurso, xa sexa por si mesmas ou a través de terceiros, sen limitación temporal nin territorial e sen percibir remuneración por elo.

A título enunciativo pero non limitativo “CRTVG” poderá emitir as gravacións nas que aparezan os concursantes en calquera medio de difusión e/ou programas, promocións ou na web de “CRTVG”, así como nos seus servizos móbiles, de forma completa ou fraccionada, por separado ou de forma agrupada.

Protección de datos de carácter persoal

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (Corporación RTVG) informa que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter persoal e á libre circulación deses datos (RGPD) e a Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a finalidade da recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o PARTICIPANTE nos facilita durante a súa participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesario para o desenvolvemento e cumprimento do concurso. Informámoslle que ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo obriga legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda. Poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade por correo postal á dirección propia da Corporación RTVG indicada no encabezado do contrato, ou mediante correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.

Modificación de Bases

A “CRTVG” resérvase o dereito de retirar ou cambiar o “Concurso” por motivos técnicos, operativos, comerciais, ou de audiencia, modificando no necesario as presentes Bases.

Aceptación das Bases e Lexislación Aplicable

A participación no “Concurso” supón a aceptación expresa das presentes bases e a submisión expresa ás decisións interpretativas que das mesmas efectúe a dirección do “Concurso”, cuxo criterio prevalecerá.

Serán competentes para coñecer os litixios que puidesen exporse os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela, renunciando expresamente os participantes ao foro que lle puidese corresponder.

Atención de Reclamacións

O concursante poderá efectuar as súas reclamacións en relación co concurso por calquera destas vías:

  • Por escrito, mediante escrito enviado a CRTVG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela).

  • A través da web da cadea CRTVG onde se promocione o Concurso: www.crtvg.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade